Deteñen tres furtivos en Arteixo tras unha fuxida polo monte e o mar
Deteñen tres furtivos en Arteixo tras unha fuxida polo monte e o mar
Os axentes da Garda Civil comisaron 15 quilos de percebe e arrestaron os homes por desobediencia grave tras unha persecución
A Garda Civil en colaboración cos gardas rurais da Confraría da Coruña detivo tres veciños da localidade como supostos autores dun delito de desobedicencia grave.
Na operación incautáronse ademais de 15 quilos de percebe. Foi un axente o que avisou da presenza de varias persoas na zona da illa Gaianda. Ao parecer, tratábase de furtivos habituais no lugar.
Cando estes detectaron a presenza dos axentes iniciaron a fuxida polo monte, facendo en todo momento caso omiso ás ordes de que se detivesen.
A Garda Civil perseguiunos ata a beira do mar, onde os furtivos se lanzaron á auga xunto coas capturas e regresaron á illa onde colleran o percebe.
Foi necesaria a intervención da garda rural cunha embarcación que os levou ata os furtivos. Están detidos como presuntos autores dun delito de desobediencia grave.