Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home acusado de roubar case dous mil euros na casa duns veciños en Castrelo de Miño

Deteñen un home acusado de roubar case dous mil euros na casa duns veciños en Castrelo de Miño

O home quedou libre con cargos despois de declarar nun xulgado de Ribadavia

G24.gal 23/01/2025 17:22

A Garda Civil de Ourense detivo este mércores un veciño de 57 anos de idade de Castrelo de Miño como presunto autor de dous delitos de roubo con forza na mesma vivenda os días 2 e 14 de outubro. O home apoderouse supostamente de xoias e diñeiro por valor de 1.850 euros.

O presunto autor é veciño das vítimas e accedía á vivenda polo tellado, retirando tellas e movendo o illante do falso teito.

As xoias foron localizadas pola Garda Civil nunha compravenda de ouro de Ourense.

O detido ten antecedentes por roubo e fora arrestado pola Garda Civil o pasado 25 de Setembro acusado dun roubo nun establecemento comercial e tres roubos en grao de tentativa en Castrelo de Miño.

Durante a mañá deste xoves o detido pasou a disposición xudicial do Xulgado de Ribadavia, que decretou a súa liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade