Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil investiga un espectacular roubo nunha ferraxería de Cangas

A Garda Civil investiga un espectacular roubo nunha ferraxería de Cangas

Levaron 8 motoserras e varias rozadoiras e fuxiron nunha furgoneta roubada

G24.gal 23/01/2025 13:26

A Garda Civil investiga un espectacular roubo con rotura de cristais nunha ferraxería de Cangas esta madrugada. Os ladróns eran tres, ían cubertos con pasamontañas e chegaron nunha furgoneta roubada en Poio. Levaron 8 motoserras e varias rozadoiras, non as de máis valor.

Non é o primeiro roubo no polígono da Madalena en Cangas, pero si o primeiro por rotura de cristais. Empregados do polígono consideran que o material roubado vai ser vendido axiña en Internet ou nos mercados da Eurorrexión.

Tamén os empregados, algún deles en pé desde a madrugada, revisaban os stocks e os danos na nave, en aparencia bastante cuantiosos. Á media mañá moitos clientes quedaron sorprendidos cando acudían facer as súas compras, algo que foi imposible porque o establecemento permaneceu pechado ao público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade