Deteñen un home de 34 anos por intentar matar a súa parella en Madrid
Deteñen un home de 34 anos por intentar matar a súa parella en Madrid
O detido foi posto a disposición do xulgado de Violencia contra a Muller de Coslada, que decretou o seu inmediato ingreso en prisión.
No rexistro da súa vivenda localizaron seis armas de fogo e máis de 1.400 cartuchos
Son as armas que o detido por intentar matar a súa parella acumulaba na súa vivenda. O intento de homicidio produciuse nunha nave da localidade madrileña de Torres de la Alameda. O agresor, de 34 anos, intentou asfixiar a vitima e provocoulle numerosas feridas no rostro e no corpo. A muller conseguiu fuxir e avisou a súa nai do sucedido. Foi esta quen alertou a Garda Civil.
“Unha patrulla da Garda Civil desprazouse ata o domicilio da parella e logrou identificar o presunto autor dos feitos xusto no momento en que se dispoñía a agredir novamente a súa parella”, explicou a portavoz da Garda Civil.
No rexistro da vivenda localizaron seis armas de fogo e máis de 1.400 cartuchos. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Violencia contra a Muller de Coslada, que decretou o seu inmediato ingreso en prisión. Está acusado dun homicidio en grao de tentativa e dun delito de tenza ilícita de armas e depósito ilegal de munición.