Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home de 37 anos por golpear outro na cabeza nun bar da Rúa

Deteñen un home de 37 anos por golpear outro na cabeza nun bar da Rúa

A vítima da suposta agresión, outro home, presentou unha denuncia polos feitos, ocorridos a primeiros de maio, e polos que precisou puntos de sutura debido ás lesións sufridas na cabeza

G24.gal 28/05/2024 10:02

Axentes da Garda Civil detiveron un home de 37 anos acusado de agredir outro, ao que lle causou feridas na cabeza, nun bar da Rúa.

Os feitos ocorreron o pasado día 5 de maio, e segundo informa a Garda Civil, o home, veciño da vila ourensá, foi arrestado na xornada deste luns acusado dun delito de lesións.

Foi a vítima, outro home da mesma idade e veciño do municipio de Petín, o que presentou unha denuncia polos golpes, polos que necesitou puntos de sutura.

As dilixencias foron postas á disposición do Xulgado do Barco de Valdeorras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade