Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home de 46 anos por matar e decapitar a seu pai en Asturias

Deteñen un home de 46 anos por matar e decapitar a seu pai en Asturias

O home foi detido pasadas as 22:00 horas cando estaba a atacar cunha machada varios automobilistas que circulaban pola estrada N-630

Algunhas das chamadas alertaban da presenza dun home co torso espido e manchado de sangue que se estaba tirando encima dos coches

EFE/ J.L.Cereijido
G24.gal 09/04/2024 08:31 Última actualización 09/04/2024 14:44

A Garda Civil detivo este luns un home de 46 anos acusado de matar e decapitar a seu pai no concello asturiano de Ribera de Arriba, informaron desde a Comandancia de Asturias. O home foi detido pasadas as 22:00 horas cando estaba a atacar cunha machada varios automobilistas que circulaban pola estrada N-630, ao seu paso pola localidade de Soto de Ribeira, no concello de Ribera de Arriba.

O instituto armado recibiu ás 22:00 horas varias chamadas simultáneas que alertaban da presenza dun home exaltado que estaba a atacar varios automobilistas cunha machada. Os feitos producíronse á altura do quilómetro 35,500 da estrada N-630 ao seu paso por Soto de Ribeira, unha localidade do concello de Ribera de Arriba situada a uns dez quilómetros de Oviedo.

Ao lugar desprazáronse de inmediato varias patrullas da Garda Civil que lograron localizar e reducir o home para proceder á súa detención. Algunhas das chamadas alertaban da presenza dun home co torso espido e manchado de sangue que se estaba tirando encima dos coches que pasaban pola zona, mentres que outras testemuñas aseguraron que puideron ver a cabeza dunha persoa maior nunha das rotondas da estrada.

Fontes da Garda Civil apuntaron a EFE que o detido ten 46 anos e que foi arrestado por matar e decapitar a seu pai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade