Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Logroño polo asasinato da súa muller cando intentaba afogar os fillos

Detido un home en Logroño polo asasinato da súa muller cando intentaba afogar os fillos

A vítima do suceso, que parece ser un novo caso de violencia machista, era nai de tres fillos

Edificio onde se rexistrou o crime da muller ren Logroño
G24.gal 08/07/2023 16:21 Última actualización 08/07/2023 21:08

Unha muller morreu este sábado en Logroño nun suposto novo asasinato machista, conforme informa a Delegación do Goberno na Rioxa.

Vinte minutos antes das tres desta tarde axentes da Policía Nacional e os Bombeiros de Logroño desprazáronse ata esta zona e tiveron que forzar a entrada dun dos portais dos edificios da zona para entrar e atopar a muller falecida.

O suposto agresor, duns 40 anos, xa foi detido. A muller era nai de tres fillos que, conforme relataba un veciño do barrio, levounos o pai pola forza ata as beiras do Ebro coa intención de lanzalos á auga, pero un deles puido fuxir e deu o aviso do que pasaba.

Axentes da Policía Nacional e do local están na rúa Manzanera da capital rioxana na vivenda e investigan as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade