Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Valencia como suposto asasino da súa parella

Deteñen un home en Valencia como suposto asasino da súa parella

O crime machista sucedeu en Buñol, a uns 40 quilómetros da capital, cara a onde fuxiu o agresor

A moza que recibiu golpes e coiteladas xa denunciara malos tratos en 2023

Dispositivo policial no lugar do crime machista de Buñol, Valencia
G24.gal 13/07/2024 11:35 Última actualización 13/07/2024 14:02

Axentes da Garda Civil detiveron este sábado en Valencia un home como suposto asasino da súa parella, unha muller de 32 anos.

O asasinato produciuse na localidade de Buñol e, seguidamente, o home fuxiu en coche do lugar dos feitos, ata ser detido á entrada da cidade de Valencia, tras sufrir un accidente de tráfico e deixar feridos a dous gardas civís.

O presunto autor foi arrestado este sábado sobre as 08:00 horas na avenida do Cid de Valencia, á altura do municipio de Xirivella, onde sufriu un accidente ao chocar contra un vehículo da Garda Civil que lle pechaba o paso.

Ao parecer foi a exmuller do suposto homicida quen deu aviso ao teléfono de emerxencias 112, advertindo de que o seu exmarido lle confesara que matara a súa actual parella, de 32 anos.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade, informou de que investiga os feitos como un presunto caso de violencia de xénero.

O Centro de Información e Coordinación de Urxencias (CICU) mobilizou a un médico do centro de saúde de Buñol e unha unidade de Soporte Vital Básico (SVB) ata o domicilio onde ocorreron os feitos. Con todo, o equipo médico só puido certificar o falecemento da vítima.

Dous gardas civís feridos

Tamén interviñeron no accidente de tráfico que sufriu o presunto autor do crime á entrada á cidade de Valencia. Dous gardas civís resultaron feridos como consecuencia desta colisión. Un deles, de 39 anos, con politraumatismo, foi trasladado por unha unidade do SAMU ao Hospital Xeral de Valencia e o outro, de 43 anos, cun lategazo cervical, por unha unidade de SVB ao Hospital 9 d'Outubro.

Suspensión de actos e minuto de silencio

O Concello de Buñol anunciou a suspensión de todos os actos previstos durante esta fin de semana e convocou un minuto de silencio "en honra á memoria da vítima" este domingo ás 12.00 horas ás portas do consistorio.

Nunha mensaxe publicada en redes sociais, o Concello mostrou o seu agradecemento e apoio a "as accións das forzas e corpos de seguridade do Estado que xa se ocupan da investigación" e condenou "todos os actos de violencia de xénero".

De confirmarse este novo crime, serán 22 as mulleres asasinadas pola violencia machsita este 2024, e 1.266 desde que existen cifras oficiais. Hai outro caso en investigación., como informou o venres o Ministerio de Igualdade co asasinato a pasada fin de semana dunha muller de 48 anos en Ejea de los Caballeros, en Zaragoza.

A Garda Civil detivo ao agresor no crime machista de Buñol/ Garda Civil A Garda Civil detivo ao agresor no crime machista de Buñol/ Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade