Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home mata a coiteladas a súa muller na casa en Cornellá ante o fillo de dous anos

Un home mata a coiteladas a súa muller na casa en Cornellá ante o fillo de dous anos

A vítima recibiu media ducia de coiteladas e, malia os intentos dos servizos de emerxencia por reanimala, faleceu no lugar dos feitos

No interior da vivenda tamén estaba a o fillo de dous anos

Unha multitudiinaria concentración dos veciños de Cornellá condenou este serán o asasinato da muller de 39 anos

Concentración en Cornellá polo crime machista dunha veciña de 39 anos
G24.gal 11/06/2023 10:04 Última actualización 11/06/2023 21:21

Concentración multitudinaria na praza de Catalunya, en Cornellà de Llobregat, lectura dun manifesto e cinco minutos de silencio para condenar este novo crime machista. Tras o silencio, aplausos e frases como "ningunha agresión sen resposta".

Cornellà de Llobregat en Barcelona espertaba conmocionada este domingo co que todo indica que se trata dun novo crime machista.

Os Mossos detiveron un home de 34 anos como presunto autor do asasinato con arma branca da súa parella, de 39 anos.

O suceso, que se investiga como crime machista rexistrouse esta madrugada nun piso da localidade barcelonesa de Cornellà de Llobregat que a parella compartía coa súa filla de dous anos, que estaba tamén no interior no momento dos feitos. Os servizos de emerxencias desprazados á vivenda, situada na rúa Cornellà Modern, practicáronlle manobras de reanimación á muller, quen finalmente faleceu.

A División de Investigación Criminal abriu dilixencias para determinar as circunstancias do tráxico suceso.

Os Mossos ante o inmoble onde sucederon os feitos Os Mossos ante o inmoble onde sucederon os feitos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade