Cargando resultados...
Deteñen un mozo acusado de matar o menor de 11 anos en Toledo
Deteñen un mozo acusado de matar o menor de 11 anos en Toledo
Trátase dun mozo español de 20 anos veciño da vítima que xa confesou o crime
G24.gal
19/08/2024 18:26
Última actualización 19/08/2024 22:10
A Garda Civil detivo un mozo español de 20 anos como o presunto autor da puñalada que acabou coa vida dun menor de 11 anos en Mocejón (Toledo) mentres xogaba con outros amigos ao fútbol.
O mozo foi arrestado na casa do seu pai, na propia localidade onde se produciron os feitos e despois de que a Garda Civil despregase un amplo dispositivo de procura. Ante os axentes, o detido confesou o crime.
Os feitos ocorreron na mañá do domingo cando a vítima, Mateo, foi agredido cun obxecto punxente cando xogaba ao fútbol no campo municipal Ángel Tardío onda dous amigos.