Publicador de contidos
Publicador de contidos

O suposto autor do acoitelamento con tres mortos en Alemaña entrégase á policía

O suposto autor do acoitelamento con tres mortos en Alemaña entrégase á policía

É un mozo de 26 anos, de orixe siria, que chegara a Alemaña en 2022

O outro arrestado é un adolescente de 15 anos, que coñecía que se ía rexistrar o ataque e que llo contou a outra persoa antes de que se producise

O Estado Islámico reivindicou o ataque "en vinganza polos musulmáns en Palestina e en todas partes"

Unidades especiais da policía alemá rexistran unha casa de acollida este sábado
G24.gal 24/08/2024 16:24 Última actualización 25/08/2024 13:18

En Alemaña, case 24 horas despois do acoitelamento múltiple de Solingen, ó oeste do país, a Policía detivo ó suposto autor do ataque.

"A persoa que buscamos durante todo o día xa está baixo custodia policial nas nosas instalacións", afirmou o ministro do Interior de Renania do Norte-Westfalia Herbert Reul na televisión pública. ADR. "Acabamos de deter o verdadeiro autor", engadiu, asegurando que os investigadores teñen probas contra el.

Trátase dun mozo de 26 anos, que se entregou a unha patrulla, segundo recollen os medios locais. A súa roupa estaba suxa e manchada de sangue. O detido, de orixe siria, chegou a Alemaña en 2022 e pediu asilo. Non figuraba en ningún ficheiro policial de extremistas radicais.

O grupo terrorista Estado Islámico reivindicou este sábado a autoría do ataque cun coitelo nun festival na cidade de Solingen, en Renania-Westfalia, no oeste de Alemaña, no que morreron tres persoas e outras oito quedaron feridas o venres pola noite.

Afirma nun comunicado que un dos seus membros realizou a acción "en vinganza polos musulmáns de Palestina e en todas partes", pero non proporcionan probas da súa afirmación, e non quedou claro o grao de relación entre o atacante e o Estado islámico.

Con anteriodade a policía de Düsseldorf arrestou un sospeitoso en relación cos acoitelamentos que o venres causaron tres mortos e oito feridos nun festival na pequena localidade de Solingen, no oeste de Alemaña.

É un adolescente de 15 anos, conforme informa un voceiro da policía. Os axentes investigan as súas "posibles conexións co delito", mentres seguen os rexistros intensos en distintos lugares.

As autoridades relatan que dúas mulleres, testemuñas do ataque, oíron unha conversa sobre os plans para atentar entre o mozo detido e outra persoa, pouco antes de que sucederan os crimes.

A conmoción preside a localidade de Solingen, despois de que un home contra as 21:45 da noite deste venres asasinara a coiteladas oito persoas e ferira outras oito, cinco deles de gravidade, durante un festival que celebraba o 650 aniversario do concello.

As autoridades sospeitan que o agresor actuou en solitario e polo momento descoñécese a relación entre o menor arrestado e o autor do ataque ao que se busca con todos os medios policiais.

Segundo o diario alemán Bild, que cita ao fiscal xeneral alemán Markus Caspers, pouco antes de producirse o ataque, dúas testemuñas escoitaron unha conversación entre o detido e unha segunda persoa, aínda que non está claro se se trata do responsable dos apuñalamentos.

 Os axentes parten así de que se trata dun atentado terrorista e non dun acto de tolemia, como se pensou nun principio. “A Policía ten despregadas un gran número de forzas arredor da zona antiga de Solingen, entre elas forzas especiais. Nestes momentos está a interrogarse a vítimas e a testemuñas”, informou a Policía da rexión de Renania do Norte - Westfalia (NRW) nun comunicado.

O ministro do Interior da rexión de Renania do Norte-Westfalia (NRW), Herbert Reul, desprazado ao lugar dos feitos, sinalou que probablemente o agresor actuaba en solitario e advertiu en contra de difundir especulacións. Polo momento non hai “indicios sólidos”, recoñeceu, aínda que a Policía está a traballar “a contra o reloxo” para identificar ao atacante.

O agresor logrou fuxir no medio da confusión e o pánico que se estendeu tras o ataque. Forzas especiais da policía tratan de identificalo e dar con el, e aseguran que non hai constancia de que haxa máis participantes na acción terrorista.

A policía pediu a colaboración cidadá para atrapar ao atacante. Púxose en marcha unha páxina web para que calquera que teña vídeos ou outro tipo de pistas poida subilas para que sexan analizadas polo expertos.

A policía pediulle aos veciños da vila que permanezan nas súas casas xa que polo momento o atacante segue libre.

O chanceler alemán, Olaf Scholz, que viaxou ata Solingen dixo que "o atentado é un terrible suceso" que o deixou profundamente perturbado. Amosou en redes sociais a súa proximidade coas familias das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade