Deteñen un mozo de 25 anos por agredir a súa parella en Santiago
Deteñen un mozo de 25 anos por agredir a súa parella en Santiago
A vítima da agresión foi trasladada en ambulancia sangrando polo nariz e con numerosos golpes
Un mozo de 25 anos foi detido en Santiago acusado de agredir a súa parella nunha rúa da zona nova da cidade. A rapaza tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital por golpes no nariz que lle sangraba e outros golpes e contusións noutras zonas.
O incidente ocorreu contra as sete menos cuarto da mañá deste mércores ás portas dun bar onde a parella estivo tomando algo, situado na rúa República Arxentina. Axentes da Policía Local e da Policía Nacional presentáronse rapidamente e foron os que detiveron o presunto agresor, acusado de violencia machista.
O mozo foi detido pola Policía Nacional e así continúa, sen previsión aínda de que pase a disposición xudicial.