Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un mozo na Pastoriza por agredir a súa parella cunhas tesoiras e atacar a Garda Civil

Deteñen un mozo na Pastoriza por agredir a súa parella cunhas tesoiras e atacar a Garda Civil

Os axentes que acudiron para tratar de arrestar o suposto agresor realizaron "un disparo intimidatorio" ao aire ante a súa agresividade

G24.gal 12/09/2024 10:24 Última actualización 12/09/2024 13:48

A Garda Civil detivo o martes un mozo duns 20 anos na Pastoriza por supostamente agredir a súa noiva cunhas tesoiras e tentar atacar os axentes que acudiron.

O Xulgado de Instrución Número 2 de Mondoñedo puxo en liberdade este xoves o mozo, pero coa condición de investigado por un delito de malos tratos á súa parella. Impúxoselle a prohibición de comunicarse ou aproximarse á vítima, tal e como confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segundo informa a Europa Press o instituto armado, ocorreu na parroquia de Vián. Cando chegaron os efectivos, tiveron que realizar un "disparo intimidatorio" ao aire para tranquilizar o presunto agresor.

Unha vez no lugar da Bouza, os gardas intentaron conversar co mozo, pero a súa reacción, presuntamente, consistiu en botarse a eles coas tesoiras na man. Foi daquela cando os axentes dispararon ao aire, co fin de disuadilo, e procederon a detelo. 

Cando lograron detelo, foi trasladado en primeiro lugar ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Meira e despois ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Segundo os veciños, o detido xa protagonizara diversos incidentes anteriormente. De feito, as patrullas da Garda Civil tiveran que acudir ao lugar en varias ocasións.

A este mozo atribúenselle os delitos de violencia de xénero e de atentado contra a autoridade. Será posto ao dispor xudicial en canto sexa posible, xa que polo momento continúa ingresado no hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade