Cae unha banda de mozos con base en Ames que roubaba coches na Coruña e Pontevedra
Cae unha banda de mozos con base en Ames que roubaba coches na Coruña e Pontevedra
A Garda Civil logrou deter un home a catro menores investigados por unha trintena de delitos contra o patrimonio
O posto do Milladoiro pide a colaboración cidadá para poder devolver os obxectos aínda non reclamados polos seus propietarios
A Garda Civil do posto do Milladoiro, na comarca de Compostela, detivo a un home e investiga a catro menores como presuntos autores de 30 roubos en distintos lugares de Pontevedra e A Coruña durante este ano.
A operación, denominada Perpetradores e tutelada polo Xulgado de Instrución Nº 3 de Santiago de Compostela, iniciouse por mor da vaga de roubos de vehículos perpetrados entre o 8 de maio e o 22 de abril.
Utilizaban un decodificador duns 20 euros para anular as centraliñas dos turismos.
No transcurso da investigación, os axentes constataron que as subtraccións dos vehículos realizábanse nas proximidades das vivendas, "aproveitando o exceso de confianza dos propietarios ao deixalos abertos e nalgún dos casos coas chaves no seu interior".
Posteriormente, estes turismos eran utilizados para a comisión doutros delitos como roubo en interior de vivendas, falta de pagamento en gasolineiras, pago en establecementos con cartóns subtraídos, roubos con forza en interior de vehículos ou danos noutros vehículos e o mobiliario durante as fuxidas, entre outros.
Unha vez utilizados, os vehículos eran abandonados en zonas boscosas de difícil acceso ou calcinados, para tratar de impedir a súa localización. Avanzada a investigación, os efectivos do posto do Milladoiro lograron a identificación plena dos presuntos autores e as evidencias da relación destes coa autoría dos feitos denunciados.
Rexistro do domicilio
Unha vez solicitadas as probas, a Garda Civil obtivo a autorización xudicial pertinente para o rexistro do domicilio do agora detido, onde atoparon "abundantes efectos" dos roubos perpetrados.
Na operación participaron membros da Unidade de seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) e outras unidades de Santiago.
Así, procedeu á detención do home maior de idade e á investigación de catro menores como presuntos autores de varios delitos contra o patrimonio, esclarecendo con iso 30 ilícitos cometidos nos termos municipais de Ames, A Baña, A Estrada, Barro, Brión, Caldas de Reis, Culleredo, Cruces, Laxe, Ordes, Oroso, Santiago de Compostela, Silleda, Teo e Padrón.
Os detidos tiñan relación con Carballo ata onde se desprazaban unha vez perpetrados os roubos para abandonar os vehículos ou ben queimalos para non deixar pegadas que os incriminaran, pero varios erros da banda permitíronlles aos axentes da Garda Civil lograr incriminalos.
Ademais, a Garda Civil solicita a colaboración cidadá para a restitución dos obxectos non reclamados polos seus propietarios, para o que deben contactar co Posto Principal do Milladoiro no teléfono 981 53 64 05.