Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha trintena de persoas e incáutanse de 12,6 toneladas de marihuana en Barcelona

Deteñen unha trintena de persoas e incáutanse de 12,6 toneladas de marihuana en Barcelona

G24.gal 29/10/2022 11:25

Axentes da Garda Civil lograron desmantelar, durante a operación denominada Pinarel, unha importante organización criminal dedicada ao tráfico internacional de marihuana asentada en Barcelona.

Tras dous anos de investigación, hai 34 persoas detidas, outras 17 máis e catro entidades xurídicas investigadas por tráfico de drogas e branqueo de cartos.

A Garda Civil aprehendeu máis de 12,6 toneladas de marihuana procesada lista para o seu consumo, 160.000 plantas de marihuana, máis de media tonelada de haxix, máis dun quilo de cocaína e 45.000 euros en efectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade