Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha muller en Sada como presunta agresora da súa compañeira de piso

Detida unha muller en Sada como presunta agresora da súa compañeira de piso

Supostamente asestoulle dúas coiteladas na cara á súa inquilina 

 

A suposta agresión produciuse neste edificio da avenida Xoan Vicente Viqueira
G24.gal 16/02/2024 14:44

A Garda Civil detivo unha muller no seu domicilio en Sada, logo que que supostamente lle asestara dúas coiteladas na cara á súa compañeira de piso. 

A presunta agresión foi de madrugada, e, malia que os berros alertaron os veciños, non se asustaron. Din que están afeitos ás leas nesa vivenda. "Arredor das doce e media da noite escoitamos berros e vimos unha señora correndo coa man na cara" relata un veciño. "Pensamos que dera un golpe, e non lle demos máis importancia, non houbo máis ruído", engade.

A vítima recibiu asistencia sanitaria no CHUAC, e a presunta agresora foi detida. Parece que dun tempo a esta parte a muller aluga habitacións no seu piso, e a vítima sería unha desas inquilinas temporais. Os veciños aseguran que xa non é a primeira vez que hai problemas entre eles. 

A vivenda quedou precintada, e a muller detida pasou a disposición xudicial no xulgado de Betanzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade