Detidas catro persoas dun grupo de tráfico de armas na Costa da Morte
Detidas catro persoas dun grupo de tráfico de armas na Costa da Morte
Ofrecíanlles as armas a menores nas proximidades de centros escolares
Os axentes do grupo ROCA interviñeron cinco armas, munición e dous móbiles
Axentes do denominado grupo Roca da Garda Civil de Carballo con base en Vimianzo desmantelaron un grupo criminal dedicado ao tráfico de armas na Costa da Morte.
Detiveron catro persoas na denominada operación Percutores. As investigacións comezaron en xaneiro do ano pasado, cando os axentes souberon da posible existencia nesa zona dunha trama dedicada á venda de armas de fogo ilegais.
Os axentes lograron incautarse de cinco armas de fogo en perfectas condicións de uso, munición e dous terminais de telefonía móbil.
As pescudas levaron a sospeitar que o grupo mercaba de xeito ilegal armas e munición no estranxeiro, para vendelas despois na zona da Costa da Morte a particulares que carecían do permiso correspondente para a súa posesión e o seu uso.
Os integrantes da rede desmantelada mesmo chegaban a ofrecer as armas a menores de idade nas proximidades de centros escolares, informa a Garda Civil.
Os axentes do Equipo Roca localizaron dous dos membros do grupo nas proximidades dun parque infantil en Dumbría, cunha arma de fogo carente de documentación, co número de serie borrado, con munición e en condicións de ser disparada.
Despois do seu arresto procedeuse a identificar e deter outros dous supostos compoñentes da banda con catro armas de fogo nas mesmas condicións que a primeira.
As armas requisadas nesta operación supoñían, segundo a Garda Civil, un grave risco para seguridade cidadá,