Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Lugo un home que transportaba no seu coche cinco quilos de haxix pola A-6

Detido en Lugo un home que transportaba no seu coche cinco quilos de haxix pola A-6

A Garda Civil deulle o alto ao condutor no marco dun operativo de seguridade cidadá e, ante o seu nerviosismo, rexistraron o vehículo, onde atoparon a droga

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 20/01/2025 11:03

A Garda Civil detivo un home de 31 anos de idade, veciño da Coruña, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, tras atopar no seu coche cinco quilos do que parecía haxix.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos ocorreron o venres pasado, no marco dun operativo de prevención de seguridade cidadá. Os axentes da USECIC deron o alto a un turismo no punto quilométrico 500 da autovía A-6, no termo municipal de Lugo.

Ante a actitude de nerviosismo do condutor, os gardas realizado un rexistro o vehículo, e atoparon unha bolsa con cinco paquetes envoltos con cinta de embalar marrón, que desprendían un forte cheiro a haxix. O condutor foi detido e posto á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade