Detido en Vigo por agredir a súa parella, subtraerlle o móbil e pechala nun cuarto
Detido en Vigo por agredir a súa parella, subtraerlle o móbil e pechala nun cuarto
A muller ten un fillo de 20 meses
Un veciño de Vigo de 31 anos quedou detido por golpear e pechar nun cuarto do domicilio común a súa parella, unha moza de 27 anos.
A Policía Local acudiu á chamada dun veciño do mesmo edificio, na rúa Tomás Alonso, que alertou a medianoite dunha forte discusión entre a parella. Cando os axentes accederon á vivenda da que procedían os berros, abriulles o agora detido. Mentres este lles explicaba que só era unha discusión por celos, os axentes escoitaron dentro berros de auxilio, entraron e encontraron a muller pechada nun dos cuartos.
Chorando, a moza relatou que o home mallara nela e despois a arrastrara ata pechala, quitándolle o teléfono móbil para que non puidese pedir axuda.
O home quedou detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.