Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un redondelán nunha embarcación con 500 quilos de cocaína

Detido un redondelán nunha embarcación con 500 quilos de cocaína

A narcolancha foi interceptada nas Canarias con outras tres persoas a bordo, dous cidadáns marroquís e un colombiano

G24.gal 06/01/2024 19:51 Última actualización 07/01/2024 11:37

Catro persoas foron interceptadas preto de Canarias nunha narcolancha que transportaba uns cincocentos quilos de cocaína. Entre os detidos figura un home orixinario de Redondela.

O operativo realizouse a unhas cincuenta millas náuticas da illa do Hierro e foi desenvolvido conxuntamente por Vixilancia Aduaneira, Policía Nacional e Garda Civil.

A embarcación, que se atopaba en mal estado, non puido fuxir ante a presenza das forzas de seguridade e foi conducida este sábado ata As Palmas, onde se pesou a droga.

O galego implicado xa fora detido anteriormente pola Garda Civil. Na lancha interceptada ían tamén dous cidadáns marroquís e un colombiano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade