Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o home que fuxiu despois de atrincheirarse armado na súa casa de Málaga

Detido o home que fuxiu despois de atrincheirarse armado na súa casa de Málaga

A investigación continúa aberta para intentar esclarecer como puido abandonar a casa en que estivo atrincheirado sen ser detectado polo dispositivo policial que había na zona

G24.gal 30/05/2024 13:51

En Málaga, deron por fin co home que fuxira despois de atrincheirarse armado na súa propia casa. Detivérono a 200 metros da vivenda.

Segundo a Garda Civil, deron co home, de 37 anos, dentro dun vehículo que estaba nas proximidades da gasolineira local.

A investigación continúa aberta para intentar esclarecer como puido abandonar a casa en que estivo atrincheirado sen ser detectado polo dispositivo policial que había na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade