Prisión sen fianza para o home que se atrincheirou tras disparar a outro en Carballo
Prisión sen fianza para o home que se atrincheirou tras disparar a outro en Carballo
O acusado está investigado por lesións e tenencia ilícita de armas
Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro
O detido por dispararlle a un mozo en Carballo nega ser o autor do tiroteo
O xulgado de Carballo decretou prisión comunicada e sen fianza para o home que se atrincheirou o pasado mércores na súa casa da zona do Sisto, en Carballo, tras disparar a outro. Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, está investigado por lesións e tenencia ilícita de armas.
En concreto, o suceso produciuse o pasado mércores tras unha liorta no Sisto. Ao lugar, desprazáronse patrullas territoriais, ademais da Policía Local. O detido, que presuntamente disparou a outro veciño da zona tras a pelexa, atrincheirouse na súa casa, polo que se solicitou a presenza da Unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil.
Ante a despregadura policial, acabou entregándose voluntariamente e foi, finalmente, detido. O arrestado, que conta con antecedentes policiais, pasou na mañá deste sábado a disposición xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.