Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido na Coruña por suplantar a identidade dunha moza e utilizala de reclamo para vender pornografía

Detido na Coruña por suplantar a identidade dunha moza e utilizala de reclamo para vender pornografía

A vítima presentou unha denuncia cando a alertaron de que a súa imaxe se asociaba á venda de pornografía 

Enfróntase a unha pena de tres meses a un ano por usurpación de identidade e revelación de segredos

G24.gal 31/01/2023 14:55

A policía detivo un home na Coruña acusado de suplantar a identidade dunha moza nas redes sociais e vender as súas fotos persoais. 

A vítima presentara unha denuncia cando se decatou de que non podía acceder ás súas redes, á vez que as súas imaxes estaban sendo utilizadas como reclamo para distribuír material pornográfico. Segundo a voceira da Policía Nacional, Inés Amor, a maneira en que empregaba as imaxes levaba a facer ver que as mulleres que saían nas imaxes pornográficas que vendía, sacadas doutras páxinas da Rede, eran da rapaza porque non se lles vía a cara.  

Amor explica tamén que o home era un amigo da vítima que nun momento dado lograra acceder á súa rede social e quedou co seu control e con todo o contido de imaxes e vídeos. 

O detido xa pasou a disposición xudicial e enfróntase a unha posible condena de tres meses a un ano de cadea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade