Detido por tráfico de drogas un veciño de Soutomaior
Detido por tráfico de drogas un veciño de Soutomaior
No rexistro domiciliario interviñéronse cocaína, haxix, marihuana e diñeiro en efectivo
A Garda Civil detivo un veciño da localidade pontevedresa de Soutomaior por tráfico de drogas. No rexistro do seu domicilio interviñéronse 50 gamos de cocaína, 76 gramos de haxix e case 112 gramos de marihuana. Isto, ademais de 2.270 euros en efectivo, unha báscula de precisión e diversas embalaxes para o envasado e distribución das drogas.
A detención enmárcase dentro da operación Pontesán, iniciadas no pasado mes de maio a raíz do coñecemento das sospeitas sobre un home que utilizaría o seu domicilio como punto de venda de estupefacientes.
As pescudas permitiron a detención do home, e realizouse un rexistro no seu domicilio co apoio da USECIC da Comandancia, o Servizo Cinolóxico, Seprona e a Patrulla Fiscal de Vigo.
Agora, tanto o detido como as substancias atopadas están á disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela.