Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un empresario español en Málaga por presunto tráfico ilegal de diamantes

Detido un empresario español en Málaga por presunto tráfico ilegal de diamantes

O detido foi acusado hai máis de tres anos por un mineiro escravo de Serra Leoa

O detido foi identificado coma Manuel Terrén Parcerisas
G24.gal 06/07/2024 20:00

Aínda que a Policía Nacional informou este sábado da operación, a detención produciuse o pasado martes. Ricardo Terrén Parcerisas foi arrestado cando chegaba ao aeroporto de Málaga procedente do Brasil, xunto coa súa familia, para pasar as vacacións nunha residencia de verán que posúe na provincia andaluza.

Un dos mineiros escravos denunciou ao detido hai máis de tres anos

A investigación comezou hai máis de tres anos, trala denuncia que efectuou contra o detido un dos escravos das minas de diamantes. 

Os investigadores din que con este tráfico ilegal de diamantes, o detido financiaba un dos grupos participantes na guerra civil de Serra Leoa. Tralo branqueo dos diamantes extraídos por escravos, unha empresa belga introducíaos legalmente en Europa. 

A Audiencia Nacional considera que hai un elevado risco de fuga

O xulgado da Audiencia Nacional que leva o caso ordenou o ingreso en prisión do empresario detido, xa que considera que hai un elevado risco de fuga.-

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade