Detido un home de 82 anos polo presunto asasinato da súa muller en Alacant
Detido un home de 82 anos polo presunto asasinato da súa muller en Alacant
De confirmarse este crime, serían 45 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano
Un home de 82 anos e de nacionalidade norueguesa foi detido este venres polo presunto asasinato da súa muller, de 76 anos e de nacionalidade británica, nunha vivenda de Orihuela.
A Garda Civil confirmou que a primeira hora deste venres tivo coñecemento dun posible delito de violencia de xénero e que a vítima presenta lesións que poderían corresponder a unha agresión con arma branca. Cando chegaron ao domicilio o presunto asasino estaba na casa.
O instituto armado sinalau que non constan antecedentes de violencia de xénero anteriores entre eles e a muller non estaba no sistema VioGén.
Segundo a veciñanza a muller era viuva e levaba uns dous anos convivindo co detido.
De confirmarse este crime, serían 45 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano.
O 016 atende a todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.
Nunha situación de emerxencia, pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e en caso de non poder chamar pódese recorrer á aplicación ALERTCOPS, desde a que se envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.