Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado por malos tratos o detido en Poio que lle disparou na orella a un amigo da exmoza

Condenado por malos tratos o detido en Poio que lle disparou na orella a un amigo da exmoza

Aínda non pasou a disposición xudicial polo disparo

G24.gal 18/09/2023 14:38 Última actualización 18/09/2023 18:16

Pasou a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra o detido en Poio por dispararlle a un amigo da súa exmoza.  A declaración xudicial non foi polo disparo senón por delitos de violencia de xénero.

O xulgado decretou a súa posta en liberdade e ditou unha sentenza de conformidade na que o condena a 14 meses de prisión como autor dun delito de malos tratos habituais, tres delitos de malos tratos de obra e un delito de coaccións no ámbito da violencia de xénero. A condena queda en suspenso por un prazo de tres anos.

Tamén terá que cumprir unha pena de 88 días de traballos en beneficio da comunidade,  56 meses de privación do dereito á tenencia e porte de armas e a 33 meses de prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima.

Agora queda pendente de declarar diante do xuíz  polo delito de lesións por dispararlle cunha pistora de aire comprimido na orella ao amigo da exparella.

Segundo informaron fontes da investigación, o detido acudiu ao domicilio da súa exnoiva na Caeira, na localidade pontevedresa de Poio. Nese momento a moza estaba acompañada doutro mozo de 19 anos que foi o que recibiu o disparo.

Tras o sucedido, a exparella presentou denuncia na Garda Civil por malos tratos habituais e o outro inquilino do piso fíxoo por lesións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade