Cargando resultados...
Detido un mozo por partirlle o dedo ao avó dunha trabada
Detido un mozo por partirlle o dedo ao avó dunha trabada
O suposto agresor está acusado dun delito malos tratos no ámbito familiar
O avó tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro
G24.gal
14/08/2023 17:18
Un mozo de 26 anos está detido por traballarlle o dedo ao avó ata case amputarllo. Os feitos ocorreron en Ventosela, en Redondela. O suposto agresor está acusado dun delito de malos tratos no ámbito familiar.
Despois dunha discusión entre pai e fillo, o avó, no seu intento por mediar na pelexa, recibiu unha dentada que lle produciu a lesión no polgar da man esquerda.
A Policía Local tivo coñecemento dos feitos despois de recibir unha chamada do centro de urxencias de Redondela.
O avó, de 76 anos, tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.