Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un veciño de Arteixo acusado de once roubos en gasolineiras

Detido un veciño de Arteixo acusado de once roubos en gasolineiras

Rebentaba as máquinas de lavado e aspirado para levar a recadación

Subtraeu uns 1.300 euros en estacións de servizo da área da Coruña, Santiago e Ordes

O xulgado ordenou o seu ingreso en prisión 

G24.gal 10/03/2023 11:10

A Garda Civil detivo o autor dunha serie de roubos en gasolineiras da Coruña, Santiago e a comarca de Ordes. Nas gravacións que a Garda Civil foi sumando á investigación vese como operaba, sempre do mesmo xeito, nas áreas de lavado das estacións de servizo. Dirixíase a zona e rebentaba as pechaduras das máquinas de lavado e aspirado para facerse cos cartos da recadación.

Os investigadores din que coñecía ben a rutina dos negocios e aproveitaba para roubar ás horas en que os operarios estaban máis ocupados ou de noite, cando as gasolineiras estaban pechadas. Entre a recadación de aspiradoras e lavadoras estiman que puido chegar a subtraer uns 1.300 euros, amáis dos danos do material estragado.

O detido é un veciño de Arteixo, que xa foi enviado a prisión polo Xulgado de Instrución da Coruña, acusado de once delitos de roubo con forza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar