Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un veciño de Arteixo por roubar 89.990 euros dunha vivenda

Detido un veciño de Arteixo por roubar 89.990 euros dunha vivenda

A detención realizouse dentro da operación Carconde, que se iniciou por mor dunha denuncia

O diñeiro xa foi recuperado e devolto á vítima

G24.gal 31/01/2024 10:21

A Garda Civil detivo este mércores un veciño de Arteixo (A Coruña) como suposto autor dun delito de roubo con forza tras subtraer 89.990 euros en efectivo dunha vivenda da zona.

Nun comunicado, a Garda Civil informou de que a detención se realizou no marco da operación Carconde, unha investigación iniciada por mor dunha denuncia.

A vítima interpuxo a denuncia nas dependencias da Garda Civil de Arteixo e comunicou que unha ou varias persoas descoñecidas subtraeran do seu domicilio un total de 89.990 euros en efectivo.

Durante a investigación, os axentes identificaron o suposto autor dos feitos, que foi detido por un delito de roubo con forza. Tamén se recuperou o diñeiro, que foi devolto á súa vítima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade