Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta

Detido un veciño de Cuntis que transportaba dous quilos de haxix nunha furgoneta

Está sendo investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública

Droga e material intervido (Garda Civil) Droga e material intervido (Garda Civil)
G24.gal 16/01/2025 13:19

A Garda Civil de Pontevedra detivo un veciño de Cuntis, de 23 anos, como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser interceptado con dous quilos de haxix cando circulaba nunha furgoneta pola N-640.

Segundo informacións do Instituto Armado, o suceso produciuse este luns, cando os axentes lle deron o alto durante un dispositivo de seguridade cidadá no que se procedeu a rexistrar o vehículo e se localizou na parte traseira unha bolsa plástica con dous paquetes envoltos en cinta de embalar de cor marrón, cunha cantidade aproximada de dous quilos de haxix.

Ante isto, a Garda Civil solicitou a entrada e rexistro no domicilio do home e deu como resultado a intervención de 20 gramos de cocaína en catro envoltorios plásticos dispostos para a súa distribución e diñeiro en efectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade