Tres menores detidos por unha suposta violación grupal durante as festas de Vilarreal
Tres menores detidos por unha suposta violación grupal durante as festas de Vilarreal
A vítima, de 18 anos, denuncia que foi violada por sete rapaces
Hai outro suposto agresor identificado que ten menos de 14 anos
Os detidos pasaron a disposición da fiscalía de menores
Os feitos ocorreron supostamente durante a celebración das festas patronais de Sant Pasqual, nesta pasada fin de semana. A vítima é unha muller de 18 anos que presentou denuncia ante a Policía Nacional.
Contoulles aos axentes que foi agredida por varios rapaces, nas inmediacións do recinto habilitado para os concertos das festas. Tres dos supostos autores da agresión sexual xa foron detidos e postos a disposición da Fiscalía de Menores. Un cuarto sospeitoso foi identificado pero non detido, ao tratarse dun neno menor de 14 anos.
"Estamos moi disgustados porque nunca pensamos que, despois da `manada´, puidera pasar algo igual aquí. Leva o Punto Violeta funcionando dende hai catro anos. Fai falta máis educación entre a xente moza", sinala Vita Arrufat, coordenadora Punto Violeta de Vilarreal.
A investigación segue aberta e non se desbota a implicación doutros tres mozos na suposta violación múltiple. Ao parecer vítima e agresores coñecíanse das redes sociais.