Detidos 64 ultras en varias provincias por pelexas antes dos partidos de fútbol
Detidos 64 ultras en varias provincias por pelexas antes dos partidos de fútbol
A investigación constatou que entre os distintos grupos radicais existen alianzas e animadversións que a miúdo se materializan en quedadas entre afeccionados violentos para enfrontárense
Detidos 64 ultras en cinco provincias por pelexas antes dos partidos de fútbol que xogaban os seus respectivos equipos. Enfrontamentos coma o que houbo en novembro durante o partido entre o Burgos e o Zaragoza. A raíz desta lea tumultuaria, a Policía Nacional abriu unha macrooperación que se estendeu a Madrid, Logroño e Pamplona.
A investigación constatou que entre os distintos grupos radicais existen alianzas e animadversións que a miúdo se materializan en quedadas entre afeccionados violentos para enfrontárense. Aos 64 detidos impútanlles delitos de lea tumultuaria e desordes públicas.