Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos cinco mozos por unha presunta agresión sexual a dúas menores en Xaén

Detidos cinco mozos por unha presunta agresión sexual a dúas menores en Xaén

Un dos arrestados ten 14 anos e outro é reincidente, está investigado por outro delito similar o ano pasado

G24.gal 02/02/2024 11:36 Última actualización 02/02/2024 19:02

Catro dos presuntos agresores sexuais, de 18 anos, quedaron en liberdade provisional tras prestar declaración. O outro, que segundo algunhas fontes ten 14 anos, ingresou nun centro de menores.

Ata que se celebre o xuízo, ningún deles se poderá comunicar nin achegarse ás dúas rapazas ás que, segundo denunciaron, agrediron sexualmente neste descampado.  Unha ten 15 anos e a outra 16.

O caso descubriu outra presunta agresión sexual na localidade de Los Villares, duns 6.000 habitantes, na provincia de Xaén.

Tan pronto se coñeceu a noticia, unha muller denunciou na Garda Civil que un dos implicados a violara hai un ano. A Garda Civil investiga se pode haber máis casos sen denunciar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade