Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous homes polo asasinato da mestra xubilada en Rafelcofer (Valencia)

Detidos dous homes polo asasinato da mestra xubilada en Rafelcofer (Valencia)

O corpo sen vida da muller foi atopado no seu domicilio (EFE). O corpo sen vida da muller foi atopado no seu domicilio (EFE).
G24.gal 30/04/2024 11:52

Dous homes de 44 e 46 anos foron detidos como supostos autores do asasinato dunha muller de 65, profesora xubilada, no municipio valenciano de Rafelcofer, segundo informou a Garda Civil nun comunicado.

Ambos os dous detidos son de nacionalidade española e en canto se lles tome declaración serán postos ao dispor do Xulgado de Instrución número 3 de Gandía, que é o que leva a causa.

O corpo da vítima foi achado o pasado domingo no seu domicilio e con evidentes sinais dunha agresión con arma branca.

O suceso tivo lugar na rúa Xiquet da citada localidade e a Garda Civil investigou desde o primeiro momento un veciño desa mesma rúa e un coñecido seu a quen o primeiro situaba como sospeitoso do crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade