Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous mozos como presuntos autores de abusos sexuais a 8 rapazas

Detidos dous mozos como presuntos autores de abusos sexuais a 8 rapazas

O xuíz da localidade alacantina de Elda deixounos en liberdade provisional tras tomarlles declaración

G24.gal 08/06/2022 20:34 Última actualización 08/06/2022 20:46

 A Policía Nacional detivo en Elda, en Alacante, dous mozos como presuntos autores de abusar sexualmente de 8 rapazas, tres delas menores. Os sucesos producíronse durante as festas de Moros e Cristiáns desa localidade. A investigación iniciouse trala denuncia de varias rapazas.

Tras tomarlles declaración, a policía constatou que un día antes outras mozas interpuxeran denuncias similares e que as características dun dos presuntos autores coincidían cun dos detidos. Os dous rapaces pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade provisional.

Os dous detidos, de 20 e 31 anos, xa compareceron perante o xuiz, que decretou a súa liberdade provisional. Mentres, a policía segue a investigar por se puideran existir máis víctimas de feitos similares, que non tiveran denunciado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade