Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos os sete patróns dun caiuco polo presunto asasinato de catro persoas antes de chegar ás Canarias

Detidos os sete patróns dun caiuco polo presunto asasinato de catro persoas antes de chegar ás Canarias

A Garda Civil detivo os 7 patróns do caiuco que arribou ao peirao da Restinga, na illa do Hierro, o pasado 3 de novembro

No momento da detención estaban aloxados no dispositivo de emerxencia humanitaria das Raíces, na illa de Tenerife

No caico ían 207 migrantes e o presunto asasinato cometeuse dous días antes de chegar ás Canarias

 

G24.gal 29/12/2024 10:06

A Garda Civil, detivo na illa de Tenerife sete persoas que exerceron como patróns nun caiuco que arribou ao peirao da Restinga, na illa do Hierro, o pasado día 03 de novembro

No caiuco, con 207 migrantes a bordo, foi no que, presuntamente, os patróns asasinaron a catro persoas dous días antes de alcanzar as costas canarias.

A investigación iniciouse tras os testemuños dos ocupantes do caiuco manifestando que a travesía que realizaran fora un auténtico pesadelo.

Tras as investigacións, os axentes puideron constatar que a embarcación partira inicialmente de Gambia e que realizou unha parada na illa senegalesa de Bassoul, onde subiron a maioría dos ocupantes. Aos tres días de navegación, tres dos patróns, encargados de velar pola orde no interior da embarcación, decidiron tomar represalias contra varios migrantes.
 
O motivo foi, porque un dos ocupantes, posiblemente afectado pola dureza da viaxe, explica a Garda Civil,  sufriu un episodio de desorientación, provocando que os tres patróns o culpabilizaran do infortunio do traxecto, inflixíndolle, a el e aos que o defendían, severas malleiras.

Como castigo, presuntamente decidiron asasinar a catro deles para atemorizar ao resto de migrantes do caiuco, informa a Garda Civil de Canarias
 
Os axentes da Garda Civil lograron identificar a tres das vítimas e xa informou ás respectivas familias grazas aos mecanismos de cooperación internacional, do falecemento e tamén sa detención dos presuntos responsables. Para iso desprazouse un membro da Garda civil destacado nesa zona do continente africano e persoal da Xendarmería Nacional Senegalesa.

Sobre a cuarta vítima, actualmente estanse realizando xestións para pescudar a súa identidade e poder contactar cos seus familiares.
 
Do grupo de migrantes que alcanzou as costas da illa canaria, un deles, tivo que ser trasladado ao hospital onde foi sometido a unha intervención cirúrxica debido a unha profunda ferida que presentaba no tórax, e que podía ser compatible cunha puñalada, informa a Garda Civil das Canarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade