Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos os supostos autores do ataque no que morreron 4 turistas españois en Afganistán

Detidos os supostos autores do ataque no que morreron 4 turistas españois en Afganistán

Os arrestados pertencían ao grupo terrorista Estado Islámico (EI)

As vítimas foron tiroteadas cando visitaban o mercado de Bamián 

Imaxe do val de Bamián, o lugar onde se produciu o ataque Imaxe do val de Bamián, o lugar onde se produciu o ataque
G24.gal 30/09/2024 11:43 Última actualización 30/09/2024 12:00

O Goberno talibán informou do arresto de varios membros do grupo terrorista Estado Islámico (EI) que supostamente estiveron involucrados no ataque perpetrado o pasado 17 de maio contra un grupo de turistas cando visitaban o mercado de Bamián. No atentado morreron sete persoas e outras oito quedaron feridas.

Segundo explicou en X o portavoz dos talibán, os arrestados eran "membros clave" da rama afgá do EI e estiveran involucrados en varios ataques, incluído "un ataque a turistas estranxeiros na provincia de Bamián".

O arresto dos presuntos membros do EI tivo lugar durante un amplo operativo realizado polas Forzas Especiais dos talibán en Cabul e na provincia oriental de Nangarhar. Durante o operativo morreron dous insurxentes.

As vítimas españolas do atentando

No ataque do pasado maio pereceron sete persoas, entre elas catro españois. Trátase dunha muller e a súa filla, que rexentaban senllas farmacias, e un enxeñeiro xubilado natural de Xirona.

Meses despois perecía outra española de 82 anos como consecuencia das feridas sufridas. Outros dous españois resultaron ilesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade