O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra consolídase na súa XXIV edición
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra consolídase na súa XXIV edición
Dura un mes e ten programados máis de trescentos eventos
Pontevedra dedícalle ao libro nada menos que un mes, un evento único en España no que se traballa durante un ano.
O 23 de abril é unha boa xornada para achegarse ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil da cidade do Lérez, que cumpre xa 24 anos, mentres outros en toda España foron desaparecendo.
Nas últimas edicións espallouse por varios puntos da cidade, aínda que o groso do evento ten lugar no Pazo de Congresos. Hai máis de trescentos eventos previstos.
Este domingo tivo lugar o troco de libros. Mentres, nos obradoiros de imprenta a rapazada aprende a facer libros-acordeón.
Tamén poden coñecer as súas escritoras favoritas, como Eva Mejuto, con dúas obras premiadas con senllas Rosalías, unha sobre o movemento LGTBI en Galicia e a outra, unha novela en que recrea unha historia sobre a biblioteca de Meirás.
Cada día hai unha librería pontevedresa convidada. Os concertos completan a oferta dun evento xa consolidado.