Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día do Orgullo en Galicia: cidadáns, institucións e partidos súmanse á festa da diversidade

Día do Orgullo en Galicia: cidadáns, institucións e partidos súmanse á festa da diversidade

Houbo manifestacións en moitas vilas e cidades e moitas bandeiras locen en balcóns de concellos e outras institucións

G24.gal 28/06/2023 21:38 Última actualización 28/06/2023 21:54

Este mércores celébrase o Día do Orgullo LGTBI, e Galicia tamén quixo apoiar e reivindicar os dereitos deste colectivo. Houbo manifestacións nas principais cidades e localidades galegas cun único obxectivo, visibilizar a diversidade sexual e poñer en valor os seus dereitos.

Ademais de milleiros de cidadáns na rúa, as institucións e partidos políticos tamén se sumaron a esta gran festa da diversidade. Nos balcóns de moitos concellos locen as bandeiras LGTBI e hai edificios públicos iluminados para conmemorar o Día do Orgullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade