Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día grande da Romaría da Virxe do Corpiño

Día grande da Romaría da Virxe do Corpiño

É o santuario máis visitado de Galicia con 150.000 persoas que acoden cada ano para pedir milagres o quitar o diaño

Celébrase este día porque coincide coa última aparición da Virxe

Virxe do Corpiño
G24.gal 24/06/2024 15:07 Última actualización 24/06/2024 17:07

Non por casualidade o 24 de xuño é o día grande no santuario do Corpiño, en Lalín. Foi un 24 de xuño a última aparición da Virxe, foron e son moitísimos fieis os que desde hai décadas cumpren coa tradición de honrar unha das virxes máis avogosas e milagreiras, en cuestións de saúde e de quitar os meigallos.

Pídenlle saúde, rézanlle, ofrécenlle candeas e flores á réplica da Virxe que hai no exterior. Veñen de todas as partes, o Corpiño é o santuario máis visitado de Galicia. 150.000 persoas acoden ao longo do ano para pedir milagres ou quitar o diaño.

Nesta xornada hai eucaristías de cada poucas horas. Un dos momentos máis agardados e especiais é o da petalada á Virxe previa á procesión. Pétalos de flores que acompañaron a Virxe na súa tradicional procesión. Multitudinaria e chea de emoción no seu percorrido, dá paso a unha xornada tamén de festa que se prolonga todo o día. Con máis actos relixiosos e con música da banda de Vilatuxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade