Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día grande das San Lucas de Mondoñedo

Día grande das San Lucas de Mondoñedo

A festa máis antiga de que se ten constancia no país congrega milleiros de visitantes

Félix Aragunde 18/10/2023 20:35 Última actualización 18/10/2023 20:48

Mondoñedo celebrou nesta xornada o día grande das San Lucas. Dende primeira hora, acudiron ao recinto feiral arredor dun milleiro de bestas, entre as que destacan as de pura raza galega.

Cunha orixe que se remonta a mediados do século XII, as San Lucas están consideradas as festas galegas máis antigas. Neste día grande, unha feira tradicional de gando cabalar funciona como reclamo, e ata aquí veñen milleiros de visitantes chegados de todo o país.

Ademais dun concurso de gando, no marco da feira tamén se celebrou unha proba de andadura de cabalo marchador galego.

Oliver Rodríguez, campión da proba de andadura de cabalo marchador galego: "A proba consiste en facela o máis rápido posible sen ningunha penalización, sen que saia do seu paso. Tampouco se pode levar moi tranquilo, porque entón non ten velocidade".

Se na véspera do día grande baixaban as bestas ata Mondoñedo, nesta xornada realizouse a suba. Púxoselle fin así á feira cabalar, pero non á festa, que continúa durante toda esta semana, ata o Día das Maulas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar