Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno afirma que os dous accidentes da A-8 ocorreron fóra da zona balizada no Fiouco

O Goberno afirma que os dous accidentes da A-8 ocorreron fóra da zona balizada no Fiouco

As colisións producíronse fora da zona da A-8 que conta desde hai dous anos con sinais luminosos para mitigar os problemas de visibilidade

Nove vehículos implicados e catro feridos en dúas colisións na A-8 pola néboa

Un dos vehículos accidentados Un dos vehículos accidentados
G24.gal 12/08/2024 18:38

O Goberno sostivo que o accidente múltiple que aconteceu o pasado sábado na A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco se produciu "fóra" da zona que desde hai dous anos está balizada con sinais luminosos para mitigar os problemas de visibilidade que se producen frecuentemente no tramo pola néboa.

Nun comunicado emitido este luns por mor dos sinistros ocorridos a pasada fin de semana no tramo que transcorre polo municipio lugués de Mondoñedo, a Subdelegación do Goberno en Lugo destacou que o sistema de balizadas da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) "estaba activado e en funcionamento" no momento do sinistro.

Tras desexar unha pronta recuperación aos feridos, explica que no accidente, ocorrido nos carrís sentido Lugo, producíronse dous alcances: un con seis coches implicados e saldado sen feridos; e un segundo con tres vehículos involucrados que deixou tres feridos leves e un grave.

O Goberno, que apela a coñecer a investigación da Garda Civil para coñecer as causas dos sinistros, sinalou no seu comunicado que a "dificultade" na circulación neste tramo da Autovía do Cantábrico é "unha situación herdada por anteriores" executivos na que trataron de "achegar solucións" para evitar sucesos como o ocorrido esta fin de semana.

Neste sentido, defendeu que o sistema de balizas instalado hai dous anos pola DXT tras un investimento de máis de 870.000 euros no Fiouco reduciu a 14 horas o peche de circulación neste punto en 2023, cando "antes adoitaba" estar interrompido o tráfico "700 horas ao ano aproximadamente".

Doutra banda, subliña que se atopa en fase de probas o proxecto de balizamento láser, gañador do concurso de ideas innovadoras para facer fronte aos problemas de visibilidade pola néboa no Fiouco posto en marcha polo Ministerio de Transportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade