Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Linguas de Signos Españolas celebran o seu día reclamando un trato igualitario

As Linguas de Signos Españolas celebran o seu día reclamando un trato igualitario

O español e o catalán son as únicas linguas de signos do Estado recoñecidas oficialmente
 

O 14 de xuño celébrase o Día Nacional da Linguas de Signos Españolas
G24.gal 14/06/2024 15:21

Son as mans que queren, que axudan e que protexen, pero tamén as que permiten ás persoas xordas poder comunicarse. Son as mans que marcan a diferenza entre vivir fóra ou dentro da sociedade. Hoxe celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, o día que reivindica a necesidade de sumar esforzos para que estas persoas reciban un trato igualitario.

"As linguas son clave á hora de xerar espazos de participación en igualdade para quen quere exercer o seu dereito a usar e a aprender lingua de signos".

"O importante é a comunicación  para que todo o mundo poida entenderse non importa cal sexa o problema tamén para oíntes está claro porque non", conta Cristina Besteiro, alumna do ciclo de Mediación Comunicativa no CIF Ánxel Casal.

Cristina é alumna do CIF Ánxel Casal. É o único centro de toda Galicia que imparte un ciclo de Mediación Comunicativa en que se cursa unha materia de lingua de signos.

"Pretende formar profesionais que traballan para mellorar a comunicación de persoas que teñen dificultades da linguaxe" apunta Cristina Pérez, mestra no ciclo de Mediación Comunicativa no CIF Ánxel Casal.

Xestos como o da conselleira de Política Social xurando o seu cargo por duplicado ou o de Taylor Swift, que leva varias intérpretes nos seus concertos apuntan a que algo vai cambiando. Queda moito traballo por facer, pero xa é tempo de entender que as barreiras comunicativas existen para un colectivo moi amplo de persoas. En Galicia son 24.000 as que teñen unha perda de audición igual ou superior ao 33 %. É de xustiza que poidan integrarse en igualdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade