Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diademas florais de comuñón e voda: arte floral galega polo mundo

Diademas florais de comuñón e voda: arte floral galega polo mundo

Azul, augamariña e salvia: cores de moda nos arranxos florais dos eventos deste ano

Os complementos florais artesanais dos vestidos de comuñón e voda voan dun pequeno taller de Vigo ata os Estados Unidos ou México

Ana Campo traballa no taller que creou na súa casa do barrio vigués de Teis
G24.gal 31/03/2023 20:40 Última actualización 31/03/2023 21:20

A arte floral galega vai conquistando novos territorios e cada vez colle máis peso a flor preservada.

Hai dez anos despois dun revés da vida Ana creou Diademas Cinnia no seu barrio vigués de Teis e conseguiu a carta de Artesanía de Galicia. O taller é unha explosión de cor e texturas e, sobre todo, de flores, no seu caso, flor preservada.

"É unha flor deshidratada. Están sempre aí, non se estragan", explica Ana Campos, artesá floral de Diademas Cinnia.

Pasou por moitas feiras, matinando e creando arranxos florais ata que chegou ao mundo da moda de comuñón e voda. Di que todo é cuestión de moita paciencia e de que che guste o que fas.

As súas pezas voan a toda España pero tamén a México ou os Estados Unidos. É o valor dun traballo creativo, feito a man.

"Cada peza é única É unha satisfacción, que a nena estea toda chea, toda contenta, que che mande a foto, ou que me digan 'faime as alpargatas a xogo'. A coroa, o cinto, a alpargata... é que as miro e parecen noivas".

Un mundo o das comuñóns e vodas suxeito ás modas mesmo nos complementos como os arranxos florais con cambios cada temporada.

"O rosa nude é unha cor que todos os anos se vende, pero este ano o azul e o augamariña, o salvia, é un bum".

Aínda que asegura que pasada a moda, os arranxos de flor preservada son para toda a vida.

Co seu traballo, Ana fai feliz unha nena ou unha moza por un día. O segredo pode estar en que as flores a fan feliz a ela todos os días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos