Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz suxire recortar os salarios dos altos directivos aplicándolles maior carga fiscal

Díaz suxire recortar os salarios dos altos directivos aplicándolles maior carga fiscal

O presidente da CEOE acusou a ministra de "populismo" e "intervencionismo de república bananeira" 

Traballo convoca o próximo xoves aos axentes sociais para negociar a redución da xornada laboral

G24.gal 19/01/2024 14:37

O choque entre o Ministerio de Traballo e a patronal é evidente e volveu escenificarse esta semana, cando Yolanda Díaz asinaba unicamente cos sindicatos a suba do salario mínimo.

"Creo que o señor Garamendi equivocouse (...) e el é o único responsable, ao igual que a CEOE, da situación na que estamos", asegurou este venres a ministra do ramo.

A distancia coa patronal podería agrandarse aínda máis na mesa para reducir a xornada laboral. A CEOE está en contra, cre que é outra suba implícita do salario mínimo e que xa está afectando ás negociacións de convenios.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, advertía este xoves de que están "avisando ás distintas organizacións que teñan coidado co que se pacta". 

A maiores, Yolanda Díaz abriu outra fronte: a dos salarios dos altos directivos, que considera abusivos e cre que deberían baixar. Na súa opinión, "hai múltiples posibilidades, tamén fiscais".

A patronal fala de "populismo" e de "intervencionismo de república bananeira".

Este venres, Yolanda Díaz tamén anunciou un cambio lexislativo para eliminar o despedimento automático por invalidez permanente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade