Diego Martínez será o seleccionador da Irmandiña no Galicia-Panamá
Diego Martínez será o seleccionador da Irmandiña no Galicia-Panamá
A súa última experiencia foi en Grecia, onde dirixiu o Olympiakos
Vigués de nacemento, xogou nove anos nas categorías inferiores do Celta ata que se marchou ao Cádiz onde durante un tempo compaxinou os estudos co fútbol. Está feliz co novo reto.
"Por unha banda están os xogadores importantes en grandes clubs e xogadores galegos de moito nivel"
"Estamos todos desexando desfrutar de velos xogar xuntos. Ten que ser unha festa do fútbol galego"
Aos vinte anos entendeu que nunca sería unha figura e que o mellor era centrarse na súa formación como adestrador, onde intuía que se abría un futuro máis esperanzador para el.
Estudou na Universidade de Granada Ciencias da Actividade Física e o Deporte (2001-2006). Durante a universidade tivo as súas primeiras experiencias como adestrador tanto co Imperio Albolote como co Areas de Armilla.
Entre 2007 e 2009 adestrou o Motril C. F., co que conseguiu dous récords históricos para o club: a máxima puntuación e o maior número de partidos sen perder. Ademais, quedou ás portas de ascendelo a Segunda División B. Estes éxitos na cidade costeira de Granada chamaron a atención ao director deportivo do Sevilla C. F.: Monchi.
Despois adestraría equipos como o Osasuna, Granada ou Español. A súa última experiencia foi en Grecia, onde dirixiu ao Olympiakos ata o mes de decembro.
🤩💥💙
— RFGF (@futgal) April 10, 2024
𝙎𝒆𝙣̃𝒐𝙧𝒂𝙨 𝙚 𝙨𝒆𝙣̃𝒐𝙧𝒆𝙨...
𝑪𝙤𝒏 𝒕𝙤𝒅𝙤𝒔 𝒗𝙤𝒔𝙩𝒆𝙙𝒆𝙨...
O noso MÍSTER! O novo seleccionador galego absoluto!#EstamosDeVolta | #SelecciónGalega pic.twitter.com/YXZBwOQdCP