Cargando resultados...
Dimite o director xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda
Dimite o director xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda
María Jesús Montero, responsable de Facenda, di que este cambio "forma parte do proceso normal dos equipos"
G24.gal
14/02/2024 14:15
O director xeral de Fondos Europeos, Jorge Fabra, dimite do seu cargo no Ministerio de Facenda. Renuncia un ano e medio despois de acceder ao cargo para substituír a Rocío Frutos, que tamén abandonara o posto por discrepancias na xestión dos fondos comunitarios.
Fabra será substituído agora por José Ángel Alonso Jiménez, que ocupaba o cargo de subdirector xeral de Sistemas de Información de Fondos Europeos.
A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, explicou que este cambio "forma parte do proceso normal dos equipos" e quixo "agradecer o traballo intenso do director xeral para chegar á solicitude do cuarto pago".