Dimite o ministro portugués de Interior tras un atropelo mortal
Dimite o ministro portugués de Interior tras un atropelo mortal
O seu chofer foi acusado de homicidio
En Portugal, o ministro da Administración Interna, o equivalente ao ministro de Interior en España, dimitiu despois de que o seu chofer fora acusado dun atropelo mortal no coche oficial.
Eduardo Cabrita, o ministro socialista, estaba no vehículo no momento do sinistro que, segundo as investigacións, ía a 163 quilómetros hora por unha autoestrada do Alentejo. O falecido era un traballador da concesionaria que limpaba a mediana.
Finalmente, tras 6 meses de investigacións, porque sucedeu a principios do verán, o condutor foi acusado formalmente de homicidio e o ministro presentou a súa renuncia ante o xefe do gabinete, António Costa.
É todo un escándalo en Portugal, aínda que se viu diluído no tempo e os portugueses opinan que se tardou moito en resolver. Isto acontece a 60 días das eleccións en Portugal, todo un golpe para a estratexia socialista de cara aos comicios.