Publicador de contidos
Publicador de contidos

Discrepancias entre o PSOE, UP e o PP arredor da futura lei de vivenda

Discrepancias entre o PSOE, UP e o PP arredor da futura lei de vivenda

A ministra Raquel Sánchez anuncia que a aprobación desta lei está próxima, con críticas ao PP incluídas

Ione Belarra pídelle ao PSOE que a aprobe decontado despois de tres anos, aínda que só sexa "por electoralismo"

A conselleira Ángeles Vázquez cualifica a futura lei como "inconstitucional" por invadir competencias autonómicas

G24.gal 12/03/2023 20:24 Última actualización 12/03/2023 20:46

A ministra de Transportes e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, sinala que a futura lei estatal de vivenda chegará en pouco tempo ao Boletín Oficial do Estado. Di que suporá un freo para os grandes propietarios e que favorecerá a vivenda pública, ao tempo que lanza críticas ao PP.

"Xa sabedes o que van dicindo os presidentes das comunidades autónomas do Partido Popular, que son os que teñen as competencias: que eles non van aplicar esa lei. Unha lei quen nin sequera coñecen, que non leron, xa din que non a van aplicar".

Unidas Podemos celebraba unha xornada monográfica sobre vivenda e Ione Belarra reclamou que a futura lei regule dunha vez os alugueiros nas zonas tensionadas e os desafiuzamentos, e tamén que amplíe o parque público de vivendas. Nesa liña, deixou unha mensaxe explicita para o PSOE.

"Se non aprobaron a lei de vivenda nestes últimos tres anos por compromiso cos dereitos sociais como ten esta forza política polo menos que o fagan por electoralismo, porque España necesita máis gobernos progresistas os próximos catro anos".

A conselleira encargada deste ámbito, Ángeles Vázquez, di que o borrador da futura lei de vivenda é "ideolóxico", non soluciona os problemas de fondo e que invade totalmente as competencias autonómicas sen que o Goberno os consultase en ningún momento.

"Eu teño que cualificala de inconstitucional. Digo que é inconstitucional desde o momento en que temos as competencias as comunidades autónomas, competencias que nos queren restar e co cal non podemos estar de acordo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade